MEDROMUSEO: mergulla na arte!
AG.- Con esta actividade, a mestra Rosa María Cajade Rodríguez convídanos a facer unha excursión virtual ao Museo do Prado. Despois, deixaremos voar a nosa imaxinación para poder facer, nun caderno pictórico, unha reinterpretación dos nosos cadros favoritos.
Cando teñas rematada a túa obra, non tes máis que mandala por medios telemáticos aos teus amigos, veciñanza, familia ou mestres.
Garda este material para logo rematar a actividade na aula, facendo un pequeno “MUSEO do PRADO”, onde ti terás que ser o/a guía para os teus compis ou alumnado doutras clases que teñan entrada. (Podes deseñar tamén o modelo desa entrada/ convite).
Recursos para empregar:
-Visita virtual ao Museo do Prado: https://www.youtube.com/watch?v=adbanI7mjYU,
Pon en marcha a túa cabeciña para crear!
Deixamos tamén a páxina oficial do Museo do Prado por se fose do teu agrado.