O importante é lembrar que podemos voar
AG.- Os alumnos Gabriel Folgada González, Diego Morgade Camiña, Jaime Camiña Caneda e Mario Santiso Ferreirós 4º ESO do IES de Vilalonga apréndennos a construír fantásticos avións de papel tendo en conta aspectos aerodinámicos como o Principio de Bernoulli. É unha práctica sinxela que todos e todas podemos facer nas nosas casas e analizar desde un punto de vista tecnolóxico. Iso si: non os tiredes pola xanela, pois non son escusa para saír á rúa recollelos! 😉
Esta actividade forma parte do programa 21 Días co Galego, que no IES de Vilalonga foi coordinada pola profesora Lidia Fernández Pastoriza.