Palabras con memoria

AG.- Cantas palabras entran no dicionario? Por que os dicionarios conteñen un volume de palabras diferentes? E por que ás veces descobres o significado dun vocábulo nun dicionario e noutro non? Están nos dicionarios recompiladas todas as palabras vivas nunha lingua?
Mentres reflexionades e procurades a resposta a estas cuestións, imos achegarvos a aplicación Palabras con Memoria, creada desde a AELG, para recuperar palabras coas que aínda o pobo segue a se comunicar, mais que, no entanto, non están en ningún dicionario de galego.
Todas elas están recompiladas de fontes orais e a súa semántica contrastada.
Xa hai máis de 1.500 palabras recuperadas para a memoria e uso actual. Con todo, seguro que vos apetece poñer os óculos de investigación e dispoñervos a salvar novas palabras que están en perigo de desaparición.
Adiante!

PD: Para quen precise unha pista orientativa, por aquí anda agochada unha unidade didáctica para traballar o léxico.


Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *