Raíña Pataca
AG.- Aquí temos unha canción con pictos ideal para a rapazada “Raíña Pataca”
Trátase dunha canción popular adaptada con pictogramas para facilitar a comprensión e a expresión oral. Adquiriremos vocabulario e fomentaremos a participación en actividades musicais en igualdade de condicións.
Elaborada polo CEIP Plurilingüe Anxo da Garda, da Coruña, e o CEIP Plurilingüe O Mosteirón, Sada. Adaptación dunha canción de María Elena Walsh, “La reina batata”. Interpretada por Andrea Carme Doural García. Iago González Alonso nos arranxos, gravación e mestura. Diego Seoane Sesar (fagot). Asesora lingüística Raquel López Veleiro.