Breakout de FOL: Misterio no instituto
AGR.- Vide resolver o misterio no instituto! A nosa compañeira Mónica Rodríguez Nieto, máis coñecida en Twitter como @fol_monica, proponnos un xogo interactivo para repasar contidos de dereito do traballo e prevención de riscos laborais.
Unha historia misteriosa narrada pola conserxe Andrea Dafonte lévanos aos lugares onde o COVID-19 está poñendo en problemas á poboación. Que nos dirá Andrea? Cal é esa información que nos quere desvelar?
Anímate a facer este breakout, a ver se das aberto a caixa que contén o segredo!
Déixanos as túas impresións na caixiña de comentarios!