1ª Telefoliada do COVID19

AG.- Hoxe presentámosvos o proxecto 1ª Telefoliada do COVID19, levado a cabo polo grupo “Os Virulentos de Quedanacasa”, que neste caso interpretan a “xota de Vilarón” e a “xota da Coruña”.  Esta proposta nace dentro do movemento #tradicionavirus promovido pola Asociación de Gaiteiros Galegos.

Este grupo está formado por Juan Álvarez (gaita), Samuel Vila (tambor e bombo), Xián Ardións (acordeón), Paloma Fontán e Carla Brión (bailadoras).

Propoñémosvos escoitar as xotas e disfrutar delas, pero, se queredes ir un pouco máis aló, podedes bailar a Xota da Coruña con Paloma e Carla seguindo os seus puntos.

Animádevos!


Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *