«DE AMORIBUS. U-lo amor?» Breakout virtual

AG.- Es un ou unha espía. Tócache saber todo sobre o amor… que disque anda desaparecido e só se deixa ver en parellas rapaz-rapaza… pero: NON, temos a certeza que o amor anda no aire, malia que non sabemos que aire respira. TI DEBES ANALIZAR AS PISTAS… pasar as misións coas que recibirás un número da clave que necesitas para abrir un maletín. Consegue todas as cifras sen que te descubra o resto de espías e cando abras o maletín verás a recompensa que espera por ti. Sorte!

Dous niveis: Nivel1 para primeiro e segundo de ESO e Nivel2 para cursos superiores. Ambos os dous parten dos mesmos textos e información pero teñen preguntas de distinta complexidade.

Un recurso creado polo Equipo da Biblioteca do IES San Paio – Tui.


Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *