Deseño da Real Expedición Filantrópica da Vacina (Actividade de aula)

 

AG.- A Real Expedición Filantrópica da Vacina, coñecida como Expedición Balmis-Salvany ou Expedición Balmis en referencia ao médico alacantino, Francisco Xavier Balmis, foi unha expedición de carácter filantrópico que deu a volta ao mundo e que durou desde o 30 de Novembro de 1803 até 1806. O seu obxectivo era nun principio que a vacina da varíola chegase a cada recuncho do daquela Imperio Español (América, Filipinas e outras illas do Pacífico), xa que a alta mortaldade do virus estaba ocasionando a morte de miles de nenos e nenas.

O rei Carlos IV apoiou e sufragou con fondos públicos o médico da corte, o doutor Balmis, na súa idea dunha vacinación masiva de nenos ao longo de todo o imperio, xa que a súa propia filla, a Infanta María Luísa, sufrira tamén a enfermidade. Até entón, a varíola mataba, desfiguraba ou incapacitaba unha parte moi importante da poboación. O nome de Balmis quedou para sempre unido a esta expedición.

No seguinte vídeo recréanse as posibles dúbidas xurdidas no deseño científico para levar a vacina aos territorios de ultramar na España de inicios do século XIX. O rei Carlos IV, Godoy e Balmis desvelan cales foron os puntos que tiveron en conta para acadar o éxito na súa misión.

Versión interactiva.

Guía didácticapropón unha serie de recursos innovadores, aplicable ás clases de 3º e 4º de ESO, nas materias de Bioloxía e Xeoloxía e Xeografía e Historia. As actividades pódense realizar por separado en cada materia pero cobran un valor engadido, cando se traballan de xeito conxunto.

Vídeo: Vídeo produción: Xacobo de Toro; guión: Jose Viñas; voz en off: Manu Ruiz; Godoy: David Eiroa; Balmis: Jose Viñas; Carlos IV: Xacobo de Toro; subtítulos: Xacobo de Toro.

Unidade Didáctica: os autores, José Viñas, Xacobo de Toro e David Eiroa; e a edición, Consellería de Educación, Universidade e Formación Profesional

Fonte: Galipedia.

 


Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *