Sabela, as zocas máxicas e o coronavirus

AG.- Hoxe o noso cont0 é signado, cantado e con pictogramas.
Estes días estamos a subir varios contos para axudar a que os nenos entendan porque ficamos na casa. Eles pasan 24 horas sen saír para nada, nin comprar o pan, nin ir a farmacia, por iso en moitas ocasións custa que entendan a importancia desta situación. Intentamos  con este conto cantado chegar a todos e cada un deles.
Esperamos que, con esta canción de  José Carbia profe do CEE de Velle con pictogramas e a adaptación de Tareixa Martínez do CEIP Plurilingüe Cardeal Quiroga Palacios a lingua de signos, todas e todos poidamos comprender porque é importante a expresión “Eu quedo na casa”.
Achegamos primeiro a canción cos pictogramas e logo o vídeo en lingua de signos.
Agardamos que guste a toda a rapazada!!!

E agora en lingua de signos:

Imaxe destacada: recollida na secuencia do vídeo.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *