Galicia anagramática

AG.- Un anagrama, segundo o dicionario da Real Academia Galega, é a ‘palabra formada a partir da combinación das letras doutra’. Crear anagramas é un enredo ludolingüístico clásico ao que tiraron partido escritores, músicoscientíficos, publicistas

En Xogosdelingua, hai un tempo, propuxen o reto de «Galicia anagramática». O pasatempo consiste en renomear as localidades galegas buscando anagramas coas suas letras: Ourense = SerenouPortonovo = Ovo Pronto, Monterroso = Roe Monstro, Pontevedra = Vender Pota

Aí vai a proposta de hoxe. Debuxa o teu propio mapa da «Galicia anagramática». Inventa anagramas das localidades galegas e vainos escribindo no lugar que lles corresponde. Espreme os miolos e xoga. Podedes facelo en familia e mesmo, se vedes que non vos vén a inspiración, recorrer a este xerador automático de anagramas (en portugués, pois en galego non dei con ningún).


Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *