Adiós ríos, adiós fontes

AG.- Como non mencionar a Rosalía de Castro, se estamos a falar en galego.

No seguinte enlace podes descargar o poema de Rosalía de Castro “Adiós ríos, adiós fontes”  adaptado con  pictogramas para facilitar a comprensión e a expresión oral.

adiós ríos,adiós fontes- PDF

Tamén podes ver este poema en canción con pictogramas que axudan á adquisición de vocabulario e fomentan a participación en actividades musicais en igualdade de condicións.

Canción con pictogramas elaborada polo CEIP Plurilingüe “Anxo da Garda”. A Coruña 2015. Música: poema “Adiós ríos, adiós fontes” de Rosalía de Castro interpretado por Amancio Prada e a Filharmonía de Galicia. Os símbolos pictográficos empregados son propiedade de CATEDU (http://catedu.es/arasaac/) baixo licenza Creative Commons e foron creados por Sergio Palau.


Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *