Book Creator

AG.- Book Creator é unha app para IOS/aplicación web Chrome indispensable na clase. Ten moitas funcionalidades. Destacaría a creación de ebooks e de cómics.

Características de Book Creator

  • Elixe entre retrato, paisaxe ou tamaños de libro cadrado.
  • Engade rápido imaxes, móveas, cambia o tamaño e víraas cos dedos ou co rato.
  • Edita texto co teclado e aplica diversos formatos para lograr unha apariencia única.
  • Elixe diferentes fontes.
  • Importa vídeos e música e grava mensaxes de voz.
  • Debuxa e escribe nos teus libros coa ferramenta do lapis.
  • Deixa que a aplicación lea o teu libro!
  • Comparte os teus libros por correo electrónico ou publícaos na web.
  • Exporta os teus traballos en formato epub, pdf ou vídeo.
  • Usa stickers para darlle diferentes efectos á túa creación.
  • Permite inserir código iframe (mapas, imaxes interactivas, paseos virtuais…)

Interface

Como vedes na imaxe 1 podemos crear libros ou cómics. Unha vez que decidimos que queremos crear facemos a portada e as diferentes páxinas. Imaxe 2 e 3, na barra superior tedes diferentes opcións para incrustar. Na imaxe 4, se decidides facer un cómic (esta característica na web é gratuíta pero na app é de pago) podedes seleccionar bocadillos, cartelas, onomatopeas e outros efectos.

Posibilidades didácticas:

Historia:

  • Crear unha biografía dunha figura histórica, sobre mulleres na historia…
  • Facer traballos e presentacións interactivas.

Ciencia:

  • Crear unha revista de ciencia.
  • Deseñar de un caderno de campo para experimentos de ciencia.

Artes:

  • Crear un cartafol de traballos artísticos.
  • Organizar libros de fotos, de debuxos ou de arte.

Linguas:

Escribir sobre persoeiros locais e invitalos a contribuír por medio de audios ou vídeos que se inserirán no libro

  • Creación de libros infantís ilustrados.
  • Creación de libros de receitas.
  • Creación de contos interactivos.

Exemplo de traballos:

 Video 1: conto interactivo.                          Video 2: traballo sobre o sistema solar

Se ti usas Book Creator e queres compartir con nós algunha actividade en galego, escríbenos a aulasgalegasredes@gmail.com e compartirémola.


Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *