Xogando coas decenas
AG.- Sabedes que podemos xogar coas decenas? Bibiana Alonso González dános unha idea! É moi sinxelo!
Collemos cousas como pompóns, escarvadentes, tapóns, botóns… e facemos grupos de dez. Cada grupo é unha decena!
Tamén podemos traballar a decena e as unidades facendo reparticións igualitarias entre dúas ou máis persoas. Cantos grupos de dez (decenas) podemos facer? Cantas cousas (unidades) sobran?
Atrévete e proba!!