Gramática xeroglífica

O xeróglifo é un dos clásicos pasatempos dos xornais. A diferenza do encrucillado, cuxa resolución depende do fondo léxico e do saber cultural, o xeróglifo debe ser resolto a través da creatividade e do enxeño.

Se cadra, poucas veces intentaches xogar con este pasatempo por consideralo difícil ou arrevesado. Nada diso! Como todo, ten a súa técnica. Aquí repesco un pequeno curso acelerado de «gramática xeroglífica» que no seu día fun colgando en Xogosdelingua.

Adiante! Se che apetece, dedícalle uns minutos e vai lendo cada breve lección e resolvendo os xeróglifos que se propoñen. Verás que acaba enganchando.

Gramática xeroglífica 1           Gramática xeroglífica 6

Gramática xeroglífica 2           Gramática xeroglífica 7

Gramática xeroglífica 3           Gramática xeroglífica 8

Gramática xeroglífica 4           Gramática xeroglífica 9

Gramática xeroglífica 5           Gramática xeroglífica 10

E se quedas con ganas de máis, aquí e aquí tes outros xeróglifos para solucionar. Ollo! Se algún se che resiste, traballade en parellas ou en familia. E se aínda así tampouco sae, fedella polo blog porque podes dar coas solucións.


Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *