A historia do touro Ferdinando, unha obra para todas as idades.
AG.- Deixamos aquí o primeiro dos nosos vídeos de lecturas compartidas: unha presentación moi caseira e propia destes días dun libro con diferentes niveis de lectura, A historia do touro Ferdinando de Munro Leaf e Robert Lawson, publicado por Kalandraka. A obra é de moito interese tanto para o prelectorado, como para o lectorado adolescente, dado que ten diferentes niveis de lectura. Ademais, deixámosvos aquí tamén a ligazón á curtametraxe de Disney de 1938 da que falamos: https://www.youtube.com/watch?v=vH42TBQLBx4
Descúbreos connosco!