Estudando ciencias como científicos

Unha das habilidades da ciencia é supoñer para analizar distintos casos.
Rubén Fernández, profesor de Física, está elaborando unha serie de animacións  que integraremos nesta sección  na que os datos nunca están completos, é dicir,  non podes obter unha única solución. Sempre quedará unha magnitude dependendo de outra.
Aceptas o desafío?
Esta animación representa  unha partícula cargada que entra e sae dunha rexión do espazo con campo magnético constante.
Datos:
Campo magnético (0, 0, 0’5) T  (vectores cincentos).
Velocidade (0, 6·10⁶, 0) m/s (vector vermello).
Preguntas:
1- Que podes decir da carga da partícula?
2- Como adquiriu a velocidade inicial?
3- Que habería que facer para que a  traxectoria fora recta?
4- O vento solar e unha corrente de partículas cargadas liberadas dende a coroa solar. ¿Que acontece cando chegan a magnetosfera terrestre?
Si tes dúbidas preme na ligazón.

2 comentarios en «Estudando ciencias como científicos»

  • 25 Marzo 2020 ás 19:24
    Ligazón permanente

    1.- Pódese deducir que a carga da partícula é positiva, xa que o sentido da carga é igual ó sentido do produto vectorial (v x b) *(non sei como poñer a frecha enriba das letras)

    2.- Con un campo electrostático.

    3.- O campo magnético exerce unha forza fm=qvB e o campo electrostático exerce unha forza fe=qE

    Para que a partícula non se desvíe ambalas forzas teñen que ser iguais e de sentido contrario.

    fe=fm qvB=qE v=E/B

    Non se desviarán aquelas partículas cuxa velocidade sexa igual ó cociente dos campos.

    4.- Esas partículas desvíanse nunha curva con radio r=mv/qBsenα

    Resposta
    • 25 Marzo 2020 ás 20:18
      Ligazón permanente

      Ola Felipe,
      Todo está correcto.So unha puntualización respecto a 4ª pregunta.
      Quen é alfa? Sempre que se introduce unha variable hai que describila.
      Grazas e parabéns.
      Rubén Fernández

      Resposta

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *