Frederick de Leo Lionni, o ratiño poeta

Hoxe, Lía tráenos unha recomendación lectora moi especial, un álbum ilustrado publicado en galego por Kalandraka. Esta é unha lectura moi pracenteira para os máis pequenos e pequenas da casa pero tamén para papá, mamá ou para o avó e a avoa.

Frederick é un ratiño que pertence a unha comunidade de ratiños de campo que están a prepararse para pasar o inverno (a súa corentena particular, coma nós!) recollendo millo, trigo, noces e palla (coma cando nós imos ao súper).

Pero Frederick é un ratiño especial que recolle raios de sol, cores, palabras, tamén necesarias para alimentarnos no inverno.

Esta fermosa historia de Leo Lionni vai facer que reflexionemos sobre a importancia dos e das poetas nas nosas comunidades para alimentar os nosos soños e quentarnos coas súas palabras nos longos días do inverno (ou de corentena).

No seguinte enlace podedes escoitar e ver a historia nun vídeo de youtube elaborado por Patricia Lopes, en lingua portuguesa:

https://www.youtube.com/watch?v=Ybgw_hJ7Yqw

Por certo Lía anda a xogar coas versións en italiano e francés. Trátase, pois, dunha fábula (protagonizada por animais e que transmite unha ensinanza universal).


Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *