Aulas Galegas – O proxecto

Aulas galegas é un portal educativo realizado por un colectivo de profesoras e profesores sen ánimo de lucro que cremos que ante a situación de illamento provocada polo coronavirus Covid-19 debemos ofrecerlle unha axuda educativa á sociedade.

Aulas galegas nace para axudar o alumnado, as familias e o resto de profesorado a atopar recursos e materiais educativos en galego.

A vocación deste portal educativo non é substituír as indicacións educativas que o profesorado lle faga ao seu alumnado no ensino regrado nin o papel das administracións educativas.

A nosa intención é ser unha fonte de recursos que sume no panorama educativo galego.

Para o alumnado e as súas familias publicaremos cada día material clasificado por nivel académico e materia para as etapas de Educación Infantil, Primaria, Secundaria e Bacharelato. Compartiremos contidos educativos de elaboración propia feitos especificamente para esta iniciativa e tamén outros que xa existen e que paga a pena divulgar.

Para o profesorado imos crear unha sección organizada por departamentos didácticos onde se poidan atopar páxinas doutro profesorado galego desas materias.

Estamos na casa pero non estamos parados.

A educación en galego continúa.

Galicia, 16 de marzo de 2020


87 comentarios en «Aulas Galegas – O proxecto»

  • 16 Marzo 2020 ás 10:56
    Ligazón permanente

    Que boa iniciativa. E con que rapidez. Son profe e nai así que tratarei de seguirvos.

    Resposta
        • 20 Marzo 2020 ás 11:21
          Ligazón permanente

          Grazas a persoas coma vos que co voso traballo facedes que nestes momentos tan difíciles para todos, un problema tan grande como é, aparte da enfermidade, o da insinanza, atope solución. Moitas grazas de novo

          Resposta
    • 16 Marzo 2020 ás 21:20
      Ligazón permanente

      Ola Andrea, non nacemos como alternativa a Agueiro que ofrece unhas funcionalidades que nós non podemos, o que buscábamos era ser un portal educativo público, non corporativo onde non haxa que ser profesor en activo ou alumnado para poder acceder, son plataformas moi diferentes. De feito, Agueiro xa está na nosa listaxe de recursos para profesorado. Moitas grazas pola suxestión.

      Resposta
  • 16 Marzo 2020 ás 11:26
    Ligazón permanente

    Como nai pareceme moi boa iniciativa!! A educación non debe parar!! Grazas!!

    Resposta
    • 16 Marzo 2020 ás 17:08
      Ligazón permanente

      Ola María Xosé, por favor, cubre o formulario de contacto e xa nos poñemos en contacto contigo. Moitas grazas por querer colaborar. Saúdos.

      Resposta
  • 16 Marzo 2020 ás 18:06
    Ligazón permanente

    Moi boa iniciativa! Parabéns! Somos profes estaremos en contacto. Boa oportunidade para elaborar materiaiss na nosa lingua que tanto se precisa.

    Resposta
    • 16 Marzo 2020 ás 21:23
      Ligazón permanente

      Moitas grazas, pensamos que é importante recompilar para o alumnado, as familias e o profesorado materias que se poden facer e outros que xa existían fora dos portais educativos. Saúdos.

      Resposta
  • 16 Marzo 2020 ás 20:04
    Ligazón permanente

    É estupendo que esta iniciativa se leve a cabo. Moi importante para axudar no día día as familias, nesta situación de illamento que estamos a vivir nestes momentos. Grazas por compartila.

    Resposta
  • 17 Marzo 2020 ás 08:42
    Ligazón permanente

    Ola, gustaríame colaborar con material moi específico dun ciclo, contemplades esa posibilidade? Tamen podería engadir algunha ligazón. Un saudo

    Resposta
    • 17 Marzo 2020 ás 10:45
      Ligazón permanente

      Ola Toño, non incluímos os ciclos porque non tiñamos xente, se fas o favor, cubre o cuestionario que podes atopar no menú superior en Contacta e participa e escolle a opción FP e xa nos poñemos en contacto contigo. Moitas grazas!

      Resposta
  • 17 Marzo 2020 ás 21:33
    Ligazón permanente

    Marabillosa iniciativa!!!
    Tratarei de mandarvos mañá varios Lim que fixen
    Son profe de cuarto de primaria e se nalgo podo colaborar que precisedes, contade comigo

    Resposta
  • 18 Marzo 2020 ás 15:17
    Ligazón permanente

    Ola, noraboa pola vosa iniciativa!!
    Informarmos do blog escolaimaxinada.com onde se poden atopar unha morea de recursos para traballar a educación artística en infantil e primaria (adaptables tamén a secundaria). E con propostas para o profesorado.
    Unha aperta

    Resposta
    • 25 Marzo 2020 ás 20:31
      Ligazón permanente

      Grazas a vos por ternos en conta. Nos encantadas de que vos resulte útil e de que o poidades utilizar.
      Saúdos!

      Resposta
  • 23 Marzo 2020 ás 20:36
    Ligazón permanente

    Noraboa pola iniciativa. Moi necesaria para estes intres e para o futuro.
    Só unha chata: creo que a idea inicial era publicar material no noso idioma, en galego e a miña sorpresa xorde cando ao abrir algunha páxina de primaria aparecen unha chea de actividades de matemáticas… en castelán!
    Supoño que é un despiste, pero… Sería posible correxir ese erro?

    Xa sei que a normativa da Xunta nos obriga a dar as mate en castelán, pero creo que Aulas Galegas, debe ser consecuente co seu nome e publicar o material, tal como se indica no seu documento fundacional, no noso idioma.
    Moitísimas grazas

    Resposta
    • 24 Marzo 2020 ás 11:39
      Ligazón permanente

      Ola Amparo, efectivamente, foi un erro, neste portal só publicamos recursos en lingua galega agás para as disciplinas lingüísticas (castelán, inglés, francés…). Moitas grazas polo aviso.

      Resposta

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *