Descubrindo a Carvalho Calero

AG.- Co gallo da conmemoración do día das Letras Galegas, adiada para o 30 de outubro, o CEIP “O Carballar” e o CEPP “Riomaior” de Marín e Vilaboa respectivamente, achégannos este vídeo. Trátase dun proxecto intercentros elaborado  dende a área de música de ambos os centros. Da man de Monste e Víctor (especialistas de música), o alumnado plasmou en debuxos a forza e a mensaxe que pretende transmitir o poema “Calquer lugar é bom para morrer”, transformado en canción para elaborar este marabilloso vídeo.  A que apetece coñecer máis información de Carvalho Calero?

Se queredes coñecer máis sobre o traballo que están a realizar sobre o homenaxeado no día das Letras Galegas, ollade o seu blog: http://recunchodetambo.blogspot.com/2020/10/carvalheando-e-dia-das-bibliotecas.html


Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *