Dobraxe de filmes de medo
AG.- Unha actividade que adoita gustar á cativada é facer de dobradores de voces. Ao mesmo tempo poñen en práctica a lingua, interaccionan cos compañeiros e compañeiras e pasan un anaco divertido. Propóñovos que fagades na aula a dobraxe dalgunhas escenas da curtametraxe de terror ‘A Estadea’.
Como podemos facelo?
- Visionamos a curta enteira (15 minutos) e falamos da Santa Compaña, da Estadea e da cultura do medo en Galicia.
- Dividimos a aula en parellas (este ano deberán traballar distanciados/as, mais non hai problema) e a cada unha delas asignámoslle unha escena.
- Ensaian durante un tempo o diálogo da escena.
- Finalmente reproducimos as escenas sen volume para que sexa o alumnado correspondente o que lle poña voz.
Animádevos. Adoita gustarlles moito.
Velaquí os diálogos e os vídeos dalgunhas escenas:
Escena 1:
A: A ver, Xoán, pásame as lentes!
B: Queres cambiar xa de CD?
A: E logo que queres?
B: Con tal de que cambies iso, calquera cousa.
A: Ao chegar ao campamento esquécete de empregar o meu mp3.
Cando merques un gusto musical e tal, falamos.
B: Foi falar!
Escena 2 (estrada)
A: Xa che dixen que estabamos cerca do pobo
B: Mellor está caladiño, si?
B: Oíches iso?
A: Que carallo vou oír? Non amoles máis, ho! Con tanta carallada non imos chegar ata mañá.
B: Oíches? Non che cheira como a cera? Hai alguén aí? Precisamos axuda.
A: Queres calar, becerro? Así non consigues nada, joder, apura, coño.
Escena 3:
A: E aínda por riba considérase bo condutor. Pódese saber que clase de inútil non leva unha puta roda de reposto no coche?
B: E que queres que lle faga, tío? Dáse a casualidade de que fai mes e medio pinchei a roda. Non tiven tempo de comprar a roda de reposto.
A: Tempo vouche dar eu a ti. Mira, chámame á grúa, aos bombeiros, ao 061, a quen che saia da cona! Solucióname este panorama xa!
B: Merda! Non teño batería no móbil.
A: Non me toques os… Pois eu non o trouxen, tío.
B: Mira, non imos andar moi lonxe de Santeles, tío, se vamos a patas tardaremos 15 minutos ou así.
A: Deus queira que leves razón…
Escena 4:
A: Xa era hora, rapaz. Tanto se tarda en coller un pouco de auga? Onde está Sheila?
B: Non sei!
A: Pois vamos cear, que eu teño fame, veña.
B: Papá, agora no bosque… é que non o vas crer… pareceume ver xente con sudarios, unha especie de profesión… non entendo nada.
A: Así que a viches? Ti tamén podes…
B: Que é iso de que eu tamén podo? De que estás a falar?
A: Da Compaña, Roi, da Santa Compaña. Da comitiva das almas en pena.
B: Pero que estás a dicir? Papá, eu non creo en pantasmas. Esa é unha parvada.
A: Un cheiro a cera e unha pequena brisa son os sinais, Roi.
B: Un cheiro a cera…
Escena 5:
A: Quen é a Estadea?
B: O ser que preside a procesión. O portador da cruz. Contesta: ollou para ti?
A: A que vén tanto agobio?
B: Escoita, Roi, cando a Estadea se dirixe a ti é para reclamar o teu corpo. Nunca debes escoitala! Nin mirala! Ou interpoñerte no seu camiño. En último caso recorre a un obxecto sagrado e bótate ao chan, e reza.
A: Gustaríame saber que é todo isto e que tes ti que saber. Ti tamén o viches?
B: Non.
A: Entón?
B: Iso non importa agora, Roi. Cea tranquilo e vai para a cama!
Velaquí a curta A Estadea: