Xoga cos elementos da Táboa Periódica

AG.- Jorge Gutierrez Maroto comparte con Aulas Galegas recursos en galego sobre os principais elementos da Táboa Periódica a través de unha serie de propostas para a rapazada.

Nun primeiro paso, e para afacernos a eles, convídanos a visitar a Táboa Periódica dos Elementos en galego. publicada polos docentes e investigadores Manuel R. Bermejo, Ana M. González Noya e Marcelino Maneiro, do Departamento de Química Inorgánica da USC dende a web da Real Sociedade Española de Química. Podes  descargala 

Para coñecer os nomes dos elementos anímanos a  xogar ás cartas que desde Aulas Galegas fixemos para vós. Só tedes que dar a volta á carta na icona   .

Agora que xa os coñecemos,  podemos ir practicando con eles nos distintos xogos. Por exemplo, se prememos na lapela “Practice”, encontraremos algo coma isto:

Só con dar na icona do medio, imos comprobando o que sabemos.

Si vos animades  a crear crucigramas, ide a “More”e  escollede a opción “Print quiz”. Tamén hai un aforcado e moitos outros xogos, que podedes crear de xeito sinxelo, para practicar.

Se o que vos motiva  é xogar con niveis de dificultade e en inglés, aquí podedes facelo.

E, por último, despois de coñecer os seus nomes e símbolos podedes visitar o xornal dixital Praza para coñecer unha ducia de curiosidades sobre os elementos químicos.


Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *