Pequena guía de música en galego

AG.- Jose Pumar preséntanos un material elaborado por Elia Lago e editado por Paula Lago.

A música en galego ten séculos de historia. Seguro que coñeces as cantigas medievais, algunha das coplas populares que se cantan na túa casa ou che soa algún himno rock na nosa lingua. Moitas artistas procuran reinventar
esta tradición, outras crean pezas e motivos novos. Con esta pequena guía procuramos que, segundo os teus intereses, poidas coñecer grupos e artistas que fan música en galego. Faltan moitas ou as que están non están
correctamente compartimentadas, mais este pequeno libriño quere servir como estímulo para investigar sobre a música en galego pola nosa conta.

Para desprazarte polos epígrafes podes empregar as frechas que están situadas ao longo da guía, e para escoitar as cancións podes premer nos símbolos, os cales te levarán a unha ligazón de YouTube.

Moitas das artistas teñen perfís onde penduran a súa música, animámoste a apoiar e compartir música en galego!

Podes acceder ao traballo premendo aquí.


Un comentario en «Pequena guía de música en galego»

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *