Iniciativa “arco da vella”

Coma sempre, os nenos e nenas seguen a darnos leccións. Nestes últimos días coñecemos a esperanzadora iniciativa de nenos e nenas de Italia, que está comezando a ser replicada no noso país: colocar letreiros en balcóns, fiestras, ascensores… coa frase “Todo vai saír ben”, mentres se atopan na casa por mor do coroavirus.

Deixámovos un documento con tres arcos da vella e as frases ou cancelos “Todo vai sair ben”, “#Euquedonacasa” e “#Dendeanosafiestra”.

Ademais de poder colorealo e participar nesta fermosa iniciativa, recordarán as cores do arco da vella!

Podedes descargar o arquivo no seguinte enlace:

ARCO DA VELLA


Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *