Gallaecia: Recursos de Xeografía

AG.- “O mapa, o mapa, son o mapa”, cantan nunha coñecida serie de debuxos. Pois todos aqueles que traballan coa xeografía saben da necesidade que temos da cartografía, tanto en Primaria coma na ESO, para poder achegar á realidade xeográfica ao noso alumnado, ademais de poder facer exercicios.

Pois si, na rede atoparedes moitos recursos, mais este que nos ofrece Benigno Torres, no seu padlet: Gallaecia-Recursos de Xeografía, ten unha gran virtude: centrarse na Galiza. E isto é ben importante porque, como saberedes, cada vez que nos achegamos ao máis próximo, menos recursos atopamos: Internet está cheo de mapamundis, mapas continentais, mais é ben difícil atopar mapas e recursos sobre Galiza. O padlet está dividido en 3 seccións: mapas de Galiza, onde atoparedes mapas mudos comarcais, de concellos, ou provinciais. Tamén conta cun apartado con climogramas, mapas físicos e temáticos. E finalmente, un apartado sobre recursos de Vigo, tanto físicos coma políticos.

Gallaecia: Recursos de Xeografía

 


Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *