“Actrices secundarias” por Clara do Roxo
AG.- Neste día tan especial no que conmemoramos o Día do Libro, a escritora Clara do Roxo quixo agasallar a Aulas Galegas cun pequeno fragmento do seu libro “Actrices secundarias”, publicado pola editorial Elvira.
Esta é a historia dun home e unha muller, coma tantos miles, que emigraron a América e formaron unha familia. Na súa cabeza sempre estivo «volver», pero non sabían que o regreso sería máis duro que a propia marcha. É unha historia, como moitas das que se formaron alén mar, con segredos inconfesables, secasí… «cada familia asume as súas ilexitimidades e inmoralidades como pode». Pero, sobre todo, é a historia de catro mulleres que asumiron cada unha dun xeito diferente o seu papel secundario, un chanzo ou varios debaixo do papel principal reservado só aos homes.
Podes descargar o vídeo que nos deixou Clara do Roxo lendo un dos fragmentos do libro premendo aquí.
Moitas grazas Clara por este agasallo tan fermoso!
Excelente trama, moi ben artellada e escrita. Unha delicia que paga a pena ler de vagar. Moi, moi recomendable.
Grazas por compartir a túa opinión connosco. Saúdos
Fermoso.
As historias de amor non sempre terminan ben e, ás veces, tampouco mal porque non sabemos que foi delas.
É o camiño ben contado o que fai que, ao remate, o relato nos sorprenda para ben cun excelente final.
un aplauso polas túas palabras coas que concordamos plenamente. Un saúdo e esperamos que este sexa o primeiro de moitos comentarios.