A Realidade Aumentada na túa man

AG.- Desde xuño do 2019 Google ten unha función que permite ver animais a escala real dentro da túa casa en 3D.

Trátase dunha funcionalidade nova que poderás descubrir se o teu móbil é compatible con  AR CORE, que é o motor de Realidade Aumentada de Google.

Se o teu móbil é compatible con esta tecnoloxía poderás ver en 3D os animais que busques en Google, tanto se estás empregando un dispositivo móbil  IOS como Android.

De momento o catálogo de animais que nos ofrece Google non é demasiado amplo, pero si que podes ver xa tigres, leopardos, leóns, quenllas, ourizos, patos, pingüíns, lobos, cabras, serpes, aguias, osos, cabalos, ponis, tartarugas, gatos, polbos ou osos panda.

Os pasos que debes seguir son:

  • Busca o nome dun animal en Google Chrome
  • Preme na opción Ver en 3D
  • Dálle a Ver no teu espazo.
  • Move o móbil para que apareza en pantalla.

Listo! A pasalo ben coa RA


2 comentarios en «A Realidade Aumentada na túa man»

  • 2 Abril 2020 ás 11:48
    Ligazón permanente

    Ola.
    No meu móbil si permite ver o animal en 3D pero non aparece a opción de mostralo no espazo.
    Se é debido á ausencia de soporte de 3D, pódese descargar esta función?

    Grazas.

    Resposta
    • 2 Abril 2020 ás 12:35
      Ligazón permanente

      Ola Patri. Recoméndoche que mires na web se o teu móbil soporta AR Core. Hai móbiles que permiten ver en 3D pero non situalo no espazo porque non son compatibles.
      Saúdos

      Resposta

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *