Xogo de cartas de Economía: o burro financeiro

Burro Financeiro

AG.- Quen se anima a botar unha partida ás cartas mentres repasa Economía?

A nosa compañeira Ánxeles Barge (@AnxelesBarge) deseñou este xogo de naipes para o coñecido xogo do burro. Seguindo as instrucións, debedes emparellar cada concepto financeiro coa súa definición até liberarse de todas as cartas.

Podedes descargar as cartas recortables e mais a guía do xogo nas ligazóns ao pé deste artigo.

O primeiro que acabe, gaña!

cartas repaso 6_7

Instrucións Burro financeiro


Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *