Xogar con Intelixencia Artificial está ao noso alcance

AG.- Seguramente oíches falar moito da intelixencia artificial, pois todos os días utilizamos aplicacións que fan uso destas técnicas: cando usas un tradutor automático, cando o móbil se desbloquea co recoñecemento da túa cara, cando che sae publicidade xusto de cousas similares ás que estiveches mirando na rede con anterioridade…

As grandes corporacións empregan softwares de IA que poden interpretar o que escribimos e dicimos e construír aprendizaxe sobre eses datos, o que resulta moi conveniente para “vendernos” produtos. Hoxe en día, a IA xa non é patrimonio só desas corporacións, e grazas a softwares como Machine Learning for Kids ou LearningML, está ó alcance de calquera deseñar xogos ou aplicacións que incorporen IA.

Neste artigo de María Loureiro verás como podes usar aplicacións de aprendizaxe automática e Scratch para identificar  imaxes e textos.

Por exemplo, con LearningML podemos facer unha aplicación de recoñecemento de imaxes que nos permita xogar a pedra, papel e tesoiras contra o ordenador:

Tamén con LearningML podemos facer que o ordenador recoñeza e clasifique textos en galego, como este asistente virtual:

Nestoutro vídeo, feito polo alumno Manu Ramallo do IESP A Cachada coa profe Ana Moreiras, aprenderedes a crear unha app para móbil que identifica imaxes feitas co móbil e indica a que contedor debe ir cada residuo. Está feito con Machine Learning for Kids  e App Inventor.

Podemos facer miles de cousas aplicando a intelixencia artificial aos nosos proxectos e lembrade que tamén podemos programar en galego.


Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *