Xa están aí…

AG.- Xa están aquí as vacacións, parecía que quedaban moi lonxe pero non.

Por iso todo o equipo de atención á diversidade preparou, coa autorización de OQO a quen lle queremos agraceder o seu permiso para adaptar o conto a LSE e con pictogramas, o conto Corre corre cabaciña.

Sendo por agora a nosa última publicación, este conto ben cargado de traballiños. Por un lado temos o conto adaptado con pictogramas por Alba; Tareixa presenta o conto en LSE; Alba déixanos moitas actividades interactivas para traballar as distancias, medidas, matemáticas e tamén un descargable de monicreques para facer unha damatrización. Doutra banda, Bea preséntanos actividades en pdf sobre o conto que podedes descargar e moito máis… así que seguide a ler!

Aquí podedes ver o conto animado de OQO.

Animámosvos á lectura deste magnífico conto.

Alba de Creando en especial preparounos un material para a realización do conto a través de monicreques. Deixamos aquí a ligazón Dramatización monicreques.

Unha actividade diferente para traballar a atención, a discriminación auditiva e a respiración mentres estamos a xogar, esta é a marabillosa proposta de Bea Reimúndez

ACTIVIDADES AL

Alba tamén preparou varios xogos, no primeiro traballamos as matemáticas.

No seguinte xogo imos traballar as distancias medindo a cabaciña:

Actividades interactivas para traballar sobre o conto

 

Aquí imos traballar o espazo, indicando quen vai de primeiro ou de segundo:

 


Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *