Un mar de muiñeiras

AG.- En Aulas Galegas apostamos polo baile tradicional e nesta ocasión, queremos compartir con todos vós o traballo que, dende o CFR de Ferrol, un grupo de docentes formado por Sabela Folgar, Uxío Leira, Carmen Lorenzo, Iván Montes e César Viñas, realizou sobre o baile tradicional para conmemorar o Día da Letras Galegas 2019.
Compartimos os vídeos que se empregaron para facilitar aos participantes a práctica da muiñeira en fileiras e en roda que se bailou xa hai un ano no evento de Navantia-Ferrol.
Podedes practicar na casa os paseos e puntos do baile, ver os bailes completos en roda e fileiras e logo bailar ao tempo que vedes o evento no vídeo.
Nestas ligazóns tendes os vídeos para practicar os puntos e paseos.
Seguimos desexando que o baile tradicional estea sempre presente na escola.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *