Un haiku para estes tempos

Os haikus son poemas xaponeses compostos por tres versos de 5-7-5 sílabas. Normalmente veñen inspirados por imaxes da natureza que nos transmiten tranquilidade, paz e harmonía.

Estes días de encerro podemos propoñernos buscar pequenas imaxes do fogar que nos inspiren sosego, fotografalas e escribir un haiku a partir delas. Lembra as licenzas métricas que coñeces (sinalefa, regra da grave, dialefa,…). Fíxate no exemplo. Podes subilas ás redes co cancelo #aulasgalegas ou dedicarllo a algún colectivo que nestes días está a traballar duro como #aulasgaegascossanitarios #aulasgalegascoaalimentación.

 


18 comentarios en «Un haiku para estes tempos»

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *