Trivial Animal

  • AG.- Un animal (do latín animus, “espírito”, ou “principio vital”) é, segundo a clasificación clásica, un ser vivo heterótrofo, é dicir, que se alimenta de substancias orgánicas. Hoxe en día resérvase o termo animais para os seres complexos e multicelulares, aínda que durante moito tempo se consideraban tamén os protozoos como animais unicelulares.
  • Nas clasificacións científicas dos seres vivos modernas, o reino dos animais constitúe un amplísimo grupo de organismos cuxo taxon se denomina Animalia, creado orixinalmente por Linné en 1758, ou ben Metazoa, sinónimo creado por Haeckel en 1874. Calquera que sexa o termo empregado, ou calquera que sexa a clasificación considearada (sistemática evolucionista ou cladista), os animais son consensuadamente descritos como organismos eucariotasheterótrofospluricelulares tisulares caracterizados pola súa capacidade para a locomoción, pola ausencia de clorofila e de parede nas súas células e polo seu desenvolvemento embrionario, que atravesa unha fase de blástula e determina un plan corporal fixo (aínda que moitas especies poden sufrir posteriormente metamorfoses).
  • Na fala coloquial emprégase o termo animal contrapoñéndoo ao termo humano, pero débese ter en conta que desde o punto de vista científico o ser humano é unha especie máis do reino Animalia.
  • Podemos atopar unha gran diversidade: Poríferos (Esponxas), Celentéreos (Medusas), Platelmintos (Vermes planos), Anélidos (Vermes divididos en aneis), Moluscos (Caracois, ameixas, polbo), Artrópodos ( Arañas, insectos, cempés), Equinodermos (Estrelas de mar), Cordados (Peixes, Anfibios, Réptiles, Aves, Mamíferos).
  • Xa sei que pode resultar complicado tanto nome, pero para lembralo un pouquiño millor, propóñoche un xogo: “O Trivial dos animais”.

CURRICULO: Bioloxía e Xeoloxía 1º ESO (Bloque 3. A biodiversidade no planeta Terra).

PROPOSTA REALIZADA POR: Belén Vázquez Cordero do IES Martaguisela (O Barco de Valdeorras).

FONTES: Galipedia.


2 comentarios en «Trivial Animal»

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *