To be & have got wheels

AG.- Se á túa rapazada se lle atragoan os verbos to be e have got, a profesora Olalla Calo proponche o seguinte xogo:

  1. Divide a clase en dúas metades.
  2. Asígnalle a cada grupo unha destas rodas de xogo.

Roda 1

Roda 2

3. Faille unha pregunta de cada roda a cada grupo. Se acertan, suman os puntos. Se fallan, non só non suman, senón que perden eses puntos.

4. Gañará o equipo que antes remate e consiga o maior número de puntos.

Verás como aprenden ao mesmo tempo que se divirten!


Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *