Teledocencia: indicacións e trucos (V)

AG.- Derradeira achega de Xurxo Fernández-Nóvoa para facernos a teledocencia máis levadeira.

Navegadores e procura de información

Lembrade tamén que para procurar información en galego na rede, é moito máis efectivo terdes o voso navegador (Chrome, Firefox, Explorer, Ópera, Safari, etc.) en galego, pois as pescudas sairán por defecto na nosa lingua e non teredes que andar a traducir a información atopada, alén de que as páxinas escritas en galego, como é lóxico, traerán con toda probabilidade unha información máis rica e completa sobre asuntos relacionadas coa nosa lingua, cultura, música, literatura, historia, etc.

Visita está páxina para saber se estás a utilizar un navegador en galego e coñecer como navegar en galego, é dicir, como o usuario pode configurar a lingua predeterminada polo navegador dando prioridade á galega:

https://gl.wikipedia.org/wiki/Axuda:Como_navegar_en_galego

Como din na propia Galipedia: “Todo navegador incorpora unha lingua como predeterminada. Esta vai ser a lingua que teña prioridade á hora de navegar pola World Wide Web a través do mecanismo de negociación de contido. Se o que queres é que os procuradores busquen e presenten os coñecementos da Galipedia, é moi importante que teñas o galego como lingua preestablecida. Outramente, malia que haxa un artigo moi completo, non sempre aparecerá na primeira páxina dos resultados de busca.”.

 

 


Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *