Simulación da División Celular Eucariota

AG.- PRÁCTICA DE AULA

  • A división celular, en especial a eucariota, é un proceso complexo polo que a miúdo se fai moi complicada a interpretación de fenómenos como o reparto de cromosomas homólogos, cromátides irmás ou sobrecruzamentos.

  • Con frecuencia empregamos esquemas e diagramas xa feitos ou mesmo vídeos, pero a realización pautada de divisións celulares con modelos sinxelos vai facilitar a compresión deste fenómeno biolóxico e permite unha reflexión individual do alumnado. Asemade, o propio feito de empregar materiais como pastas de modelaxe, cordas, limpapipas… proporciona un descanso na rutina teórica e constitúe unha excelente modelización que podemos facer máis complexa segundo o nivel educativo.

  • A seguinte proposta é unha modelización pautada dunha división celular, na que se propón un caso concreto que haberá que plasmar nun formato dixital (serie de fotogramas, presentación diapositivas, animación..). Para facilitar a súa realización achéganse algúns resultados, debuxos e modelos para o seu uso.

  • PROPOSTA DIDÁCTICA (pdf).
  • PRESENTACIÓN (ppt).
  • MODELO PRESENTACIÓN (odp).

CURRÍCULO: Bioloxía e Xeoloxía 4º ESO (Bloque 1. A evolución da vida); Bioloxía e Xeoloxía 1º Bacharelato (Bloque 2. A organización celular).

PROPOSTA REALIZADA POR: Marcos Lago Ávarez do IES Primeiro de Marzo (Baiona, Pontevedra).


One thought on “Simulación da División Celular Eucariota

  • 20 Xuño 2020 ás 10:54
    Permalink

    Moi bo, e a información en PDF completísima

    Resposta

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *