Scruble Cube

AG.- Se vos gusta o Cubo de Rubik e o Scrabble, este será o voso xogo ideal: o Scruble Cube.

O cubo en cuestión é de 4x4x4. Nas caras dos minicubos aparecen letras co seu valor en puntos e tamén hai caras multiplicadoras.

Cada xogador ou xogadora, por quendas, ten 90 segundos para manipular o cubo ata formar unha palabra en liña recta en calquera dirección. Ademais os participantes tamén obteñen bonificacións se a súa palabra cobre máis dunha cara ou se se cruza cunha palabra creada previamente.

Un crebacabezas de proporcións épicas!


Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *