School subjects

AG.- Cal é a túa materia preferida? Como se di en inglés? Neste vídeo elaborado pola profesora Raquel Fernández poderedes atopar os nomes das materias e tamén a súa pronuncia.

Agora que xa as repasastes, que vos parece xogar ao bingo? A profesora Martiña Piñeiro ofrécevos esta posibilidade adaptando material de edu-games. Por unha banda, velaquí podedes descargar os cartóns para varias persoas. Por outra banda, esta presentación contén as pistas necesarias. Quen de vós logrará gañar?


Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *