Rosalía de Castro

AG.- Para abordar a inmensa figura de Rosalía de Castro e a xeración do Rexurdimento a sección de Lingua Galega e Literatura déixavos un esquema para que o alumnado complete (a raíz da explicación da profe ou investigando na rede) e mais unha presentación en diapositivas para imprimir ou proxectar. Como se empregan? Hai varias opcións:

1. Cada alumno/a fala un minuto sobre a diapositiva que lle toque.
2. Imprímense as tarxetas, sitúanse sobre o chan e fórmanse parellas. A profe formula unha pregunta á que responde unha das tarxetas. O alumno/a máis rápido en localizar a tarxeta, gaña o punto para o seu equipo.
Agardamos que vos sirvan estes materiais. Ademais, son editables e podedes modificalos e amplialos ao voso antollo.
Material de Naír García Abelleira.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *