Ricardo Carvalho Calero

AG. Despois de coñecerse que non se vai adiar a homenaxe a Carvalho Calero en 2021, a AS-PG e a CIG-Ensino poñen en aberto o material das XXIX Xornadas de lingua e literatura. Son unha serie de conferencias sobre a vida e a obra do autor, un conxunto de propostas didácticas, a derradeira entrevista que concedeu e tres poemas musicados pola cantora Ugia Pedreira.

A XXIX edición das Xornadas de lingua e literatura, dedicadas de forma monográfica á figura e á obra de Ricardo Carvalho Calero viuse afectada dobremente pola situación sanitaria que vivimos desde marzo. Primeiro co seu adiamento con respecto á data de celebración prevista, o 25 de abril, e agora coa súa reconversión nun formato a distancia ao non ser posible a celebración da modalidade presencial. Agora podemos gozar destas magníficas xornadas en aberto.


Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *