Resumo II Evento en directo YouTube

No evento do xoves 23 de abril de 2020 tivemos a oportunidade de coñecer tres seccións que conforman Aulas Galegas e comentar cos seus coordinadores as particularidades de cada unha das seccións.

Os videos de presentación das seccións participantes podes velos premendo nas seguintes ligazóns:

Sección Lingua e Literatura Galega

Sección Regueifesta

Sección Atención á Diversidade

Se non tiveches a oportunidade de participar en directo, aínda podes acceder ao evento para miralo con calma. Velaquí tes a ligazón directa ao vídeo na nosa canle de YouTube.

Os participantes tiveron a oportunidade de achegar as súas respostas e comentarios sobre cada unha das preguntas expostas. Houbo tempo para falar das características de cada sección, compartimos recursos, e mesmo Manolo Maseda nos arrincou unha regueifa. Belén Ballesteros ensinounos a dicir o noso nome en lingua de signos e compartiu con nós experiencias da súa sección. Mar Hermida destacou a importancia do proxecto Aulas Galegas dentro do ámbito da normalización lingüística. O bo ambiente, a grande implicación do profesorado galego e a capacidade de adaptarse e coordinarse en situacións comprometidas quedou amplamente salientada. Entre todos e todas orixinouse un interesante ambiente de debate.

Dende aquí agradecémoslles enormemente a participación. Moitas grazas ao público asistente polos comentarios e achegas. A todas e todos, convidámosvos ao seguinte evento a vindeira semana.

Equipo de Dinamización de Redes Sociais de Aulas Galegas. #aulasgalegas #SecciónsAG


Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *