Receita de ovos de dinosaurio ou dragón

AG.- Que xa queda moi pouco profes! Moito ánimo nesta recta final!

Aquí vos deixamos unha proposta de Tania García Ruibal estupenda para estes días:

Para facer os ovos imos precisar:

  •  Un ovo cocido.
  •  Unha bolsiña de plástico.
  •  Colorante alimentario.
  •   Auga.

Pasos a seguir:

  1. Cocemos os ovos.
  2. Introducimos o ovo, coa casca, nunha bolsiña de plástico.
  3. Na bolsa poñemos unhas pingas de colorante e un pouco de auga.
  4. Masaxeamos o ovo coa mestura.
  5. Deixamos dentro da bolsa uns 15 minutos.
  6. Lavamos o ovo e deixamos secar.
  7. Pelamos.

A xogar!!!!

Licenza Creative Commons
Esta obra ten unha licenza Creative Commons Atribución-Non comercial-Compartir igual 4.0 Internacional.


Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *