Que nos din os datos da economía galega?

AG.- Para afianzar coñecementos no eido das macromagnitudes, propoñemos investigar os datos da macroeconomía galega. Farémolo a través do Instituto Galego de Estatística (IGE), coñécelo?

Antes de comezar, podes repasar os principais conceptos sobre macromagnitudes no portal educativo do IGE.

Unha vez que teñamos fresquiños os conceptos, procuraremos datos da economía galega: na web do IGE podes escoller os últimos datos dispoñibles. 

Agora, busca a composición por sectores do PIB de Galicia e o Valor Engadido Bruto (VEB) de cada sector de actividade económica. Cando localices estes datos, descarga a táboa en Excel para traballar con ela. Poderás calcular a porcentaxe que representa cada sector (o VAB de cada un) sobre o total e facer unha gráfica.

Como recursos de axuda, podes facer uso da Táboa 1_Fórmulas para o cálculo de macromagnitudes e da Táboa 2_Diagrama PIB e Renda Dispoñible.

 


Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *