Por que estamos aquí?

AG.- Por que estamos aquí? De onde vimos? De onde ven o mundo e de que está feito? Os seres humanos somos de natureza curiosa e máis dunha vez formulámonos alguhna destas preguntas. O xoves 18 de xuño ás 16:00 (hora de Madrid), a investigadora do IGFAE, Elena G. Ferreiro, tratará de mostrar na charla “O universo do diminuto” que temos xa algunhas respostas do universo asombrosamente complexo no que vivimos.

“Universo peregrino: ciencia galega cara o mundo” é un ciclo de charlas divulgativas online organizado polo Instituto Galego de Física de Altas Enerxías (IGFAE) da Universidade de Santiago de Compostela (USC) para a comunidade galegofalante internacional. En momentos de illamento no que os peregrinos non poden vir a Santiago, a cidade Xacobea é a que reconstrúe as pontes e emprende a peregrinaxe cara ao mundo. Todos os xoves de maio e xuño de 2020, ás 16:00 (hora de Madrid), o persoal investigador do IGFAE dará unha charla sobre distintos temas de física que poden seguirse online na plataforma Microsoft Teams.

Podes vela en https://youtu.be/oH6cENGKw70


Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *