Picotí, picotá…

Para comezar este proxecto cos máis pequenos da casa, propoñémosvos unha serie de actividades relacionadas cun dos contos que máis lle gusta á rapazada nas aulas.

O pitiño Cocorico quere axudar a súa nai a facer un biscoito, pero éche un pouco lambón de máis e… chegan os problemas.

Esperamos que gocedes coas propostas que as nosas mestras seleccionaron para vós:

Aquí tedes a explicación das propostas Cocorico 3 anos

E o material para facelas:

SECUENCIA NACEMENTO COCORICO

TARXETAS TRES PARTES COCORICO

XOGO DE MEMORIA COCORICO

Deixamos os enlaces para que tamén poidades gozar do conto na rede:

A canción https://www.youtube.com/watch?v=VtyHS-t-laM&t=32s

A curta de animación https://www.youtube.com/watch?v=n8zoAcCJaaM

 


2 thoughts on “Picotí, picotá…

  • 16 Marzo 2020 at 1:49 p.m.
    Permalink

    Tamén podedes facer un biscoito ou outra receita con eles, así traballamos conceptos de medidas de lóxica matemática e traballo das diferentes texturas, ademais de facelos partícipes das actividades do cotiá o máis puro estilo Montessori

    Reply
    • 16 Marzo 2020 at 1:51 p.m.
      Permalink

      Na proposta xa aparece unha receita para facer un biscoito, coma o de Cocorico, é unha das actividades propostas.

      Grazas!

      Reply

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *