Para compoñer textos ao xeito sen procesadores

Tes que crear un texto en galego e non dispós dun procesador axeitado? Hai ferramentas en liña que che axudarán a facelo. En todo caso, se tes computador ou un dispositivo con memoria suficiente, lembra que tanto Open Office como M. Office dispoñen de corrector en galego, tamén usándoos no móbil.

1. Queres que a aplicación rexistre ben o que ti falas? Emprega SpeechTexter. Escolle a lingua galega na dereita do menú e preme en Start.

2. Precisas corrixir ortograficamente o texto? A mellor opción en liña é OrtoGal. Escribe ou pega o texto, preme na icona de comprobación e escolle entre as opcións.

Hai outros correctores algo menos efectivos, pero que poden instalarse no navegador e aplicarse a calquera outro editor na rede. É o caso de Language Tool.

3. O teu problema pode ser a escaseza de puntos e unha tendencia a crear oracións longas e confusas? Bota man de Hemingway e atende as marcas.

 

4. A puntuación non é o teu forte? Fai que che lea o texto Carmela en Oddcast e aprecia o resultado.


2 comentarios en «Para compoñer textos ao xeito sen procesadores»

  • 19 Marzo 2020 ás 01:00
    Ligazón permanente

    Perdoade se pedimos imposibles.
    Ás veces nas páxinas webs dos centros, blogs… colocamos un enlace mediante unha ilustración fermosa. Podiades desde aulasgalegas.org, enviar información sobre como facer isto? Seguro que a moitas persoas que non dominamos isto, podía facilitarnos moito e así poderiamos chegar a moitas máis persoas.

    Resposta
    • 19 Marzo 2020 ás 01:37
      Ligazón permanente

      Boas, Xurxo.
      Supoño que te refires a engadir unha ligazón sobre imaxe. Se o permite o editor, é sinxelo:
      – no modo edición, premes sobre a imaxe, que quedará así marcada,
      – clicas na icona de link e pegas a url que queres engadir.
      Non ten máis. En WordPress é como se aprecia nesta imaxe.
      Un saúdo.

      Resposta

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *