O xogo da carrasquiña

AG.- No vídeo que  mostramos a continuación, poderedes bailar e cantar cos máis pequenos da casa.  Aproveitade para darvos  beixiños e abrazos!!!

Neste caso compartimos o vídeo elaborado polo EDLG do CEIP Juan Fernández Latorre, no que a rapazada baila “O xogo da carrasquiña” publicado por Pesdelán na editorial Kalandraka.

“O xogo da carrasquiña
é un xogo así ao lado (bis)
baixar os ollos en terra
todo o mundo fica admirado (bis)

Oh! Matilda, sacude a saia,
Oh! Matilde, levanta o dedo.(bis)
Dáme un beixo Maruxiña,
que eu che darei un abrazo”.(bis)

Ai, que vida é a nosa!
dar beixiños, dar abrazos.(bis)

 


Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *