O peto de Loreto- Contos Vivos

AG.- O profe Rubén Molinero nos trae outra fantástica proposta dos “Contos Vivos”. No CEIP de Balaídos o equipo de Dinamización Lingüística

xunto co equipo de Tecnoloxías de Información e Comunicación (TICs) deseñaron este fermoso proxecto  de creación de contidos

relacionados con contos en galego onde o alumnado é o protagonista desta creación.

A idea deste proxecto é que a narración ou lectura de contos non quede aí, senón que sexa o punto de partida para crear e interaccionar

con outro tipo de recursos que faciliten o desenvolvemento da competencia lingüística en lingua galega.

Agardamos que vos guste tanto como a nós!


Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *