O Parkour: aproximación didáctica

AG.- O dinamismo, a superación e a espectacularidade desta disciplina concentrado nunha proposta de Andrés Freire Painceira.

O Parkour ou arte do desprazamento consiste en realizar un percorrido, superando todos os obstáculos que se interpoñan no camiño mediante saltos, carreiras, xiros, equilibrios… Estes percorridos poden ser urbanos (nos que superaremos valos, muros, paredes…) ou naturais (nos que superaremos árbores, formacións rochosas, ríos…). As persoas que practican Parkour denomínanse traceuses no caso das mulleres ou traceurs no dos homes (palabra de orixe francesa). En canto á esixencia física, a práctica de Parkour require un estado de forma óptimo, xa que os seus percorridos necesitan ao mesmo tempo forza, resistencia, flexibilidade, axilidade, velocidade xestual… Como calquera actividade física require a realización previa dun quecemento adecuado.

Así, dende a área de Educación Física ten, na Educación Primaria, o bloque de contidos 3, nomeado como habilidades motrices e na Educación Secundaria, o bloque de contidos 4, nomeado os xogos e as actividades deportivas cos  que poderemos traballar en toda  etapa educativa o Parkour, sempre tendo en conta os niveis de dificultade, segundo a idade do noso alumnado. Empregaremos materiais de seguridade como colchóns, espaleiras, bancos suecos…, xa que non é necesaria gran cantidade de material. Na última sesión, os nosos nenos e nenas deberán crear un circuíto de Parkour que poidamos realizar no noso colexio, tendo en conta os materiais que empregamos e os espazos dispoñibles.

Parkour


Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *