Monstro de cores

O Monstro de Cores, conto escrito por Anna Llenas e editado por Flamboyat.

O Monstro de Cores non sabe o que lle pasa. Fíxose un lío coas emocións e agora temos
que desfacer ese caos. Unha historia sinxela e divertida, que introduce as crianzas e os adultos na
linguaxe das emocións e nos axuda a identificalas e recoñecelas.

Se queres escoitar o conto, podes facelo na seguinte ligazón:

O monstro de cores- Conto

E se che apetece escoitar a súa canción, preme aquí:

O monstro de cores- Cantiga

Como actividades prácticas para acompañalo e xogar co mesmo conto podemos:

1- Buscar na casa obxectos e ou xoguetes de diversas cores. Posteriormente, ordenalos e/ou
clasificalos segundo a cor, e metelos en diversas caixas ou botes identificados coas
emocións: os azuis no bote da tristeza, os verdes no bote da calma, e así con todos.
2- Reflexionar sobre cada unha das emocións e comentar que cousas ou experiencias che
producen alegría, cales tristeza, medo, rabia ou calma.
3-Escoitar a seguinte cantiga de María Fumaça composta por Sergio Tannus, relacionada
coa emoción alegría:

ALEGRÍA

4- Pensar en que lugar do noso corpo sentimos as emocións ou como as expresamos: en que
lugar do teu corpo sentes a alegría? E a tristeza? E a rabia?
5- Tentar contestar as seguintes preguntas: para que serve cada unha das emocións? Cales
producen benestar ou malestar? Que necesitas cando sentes…?
6- Podemos sacar fotos cun dispositivo móbil da cara e observar cal é a expresión
facial de cada emoción. Asemade co editor de fotografía ou unha aplicación similar podemos
decorala coas cores, elementos ou vivencias que relacionamos con esa emoción.
Como actividades complementarias plásticas e de traballo escrito, deixamos as seguintes
actividades para descargar na seguinte ligazón.

ACTIVIDADES PLÁSTICAS E ESCRITAS DESCARGABLES

Helga Vázquez Regueira
(Paxariña de Papel)

7 thoughts on “Monstro de cores

  • 16 Marzo 2020 at 23:54
    Permalink

    Hola, encantada do traballo que facedes, a verdade e que cos pequenos encerrados na casa isto axuda moito. Grazas

    Reply
    • 17 Marzo 2020 at 00:58
      Permalink

      Moitas grazas. Agradecemos saber que os recursos son de proveito para vós.

      Reply
    • 17 Marzo 2020 at 18:30
      Permalink

      Moitas grazas, é bonito saber que os recursos e as propostas son de proveito. Apertas

      Reply
  • 17 Marzo 2020 at 11:12
    Permalink

    Moitisiiimas grazas!!estamos esperando ao día seguinte para ver o que poñedes para facelo… estamos moi entretidos. Grazas polo voso traballo e esforzo.

    Reply
    • 17 Marzo 2020 at 11:21
      Permalink

      Grazas a vós por utilizalo!

      Reply
  • 17 Marzo 2020 at 12:50
    Permalink

    É fantástico! Muitas gracas pelo aporte. Estou encantada com tanta criatividade! Vou difundilo e aproveita-lo para as aulas dos nenos em Mozambique. Bicos a este grande equipo de mestres da educacion.

    Reply
    • 17 Marzo 2020 at 13:00
      Permalink

      Grazas a todo/as pola boa acollida que está tendo esta iniciativa. Entre todos/as podemos facer calquera cousa. Ánimo!

      Reply

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *