Lecturas Compartidas

Boasssss:

Somos Montse Pena e Anxos Rial quen vos imos acompañar nesta corentena lectora. Na nosa sección de lecturas compartidas iremos publicando recomendacións lectoras propias e dalgúns amigos e amigas lectores e lectoras, escritores e escritoras que amablemente irán partillando contidos en todos os formatos con nós.

Esperamos que gocedes do noso espazo, que lembrade, é o espazo lector de todos e todas.

Imos presentarvos a dúas colaboradoras moi especiais desta andaina, unha é Lía, coprotagonista do libro “As gatiñas viaxeiras” de Eva Mejuto con ilustracións de Víctor Rivas, unha gatiña bloguera…

E a outra é Esperanza, unha nena de case 9 anos á que lle encanta ler e comentar as súas lecturas, bailar, xogar coas súas amigas e amigos e estar na casa dos avós. Como estes días só pode facer as tres primeiras cousas, imos pedirlle que comente con nós algúns dos seus libros preferidos.

Moi pronto comezamos con algúns dos nosos libros de referencia!


Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *